Sobre min

A miña forma de entender a terapia parte dunha idea sinxela: ninguén sofre “porque si”.

Detrás de cada síntoma hai unha historia, un contexto, experiencias vividas e emocións que, nalgún momento, foron a mellor forma que esa persoa atopou para sobrevivir ou adaptarse.

En consulta non me centro no problema visible, senón en comprender o que hai debaixo.

Traballo desde o respecto profundo, a escoita activa e a ausencia de xuízo.

Creo nunha terapia humana, próxima e segura, onde poida falar con liberdade, sen medo a ser etiquetada ou culpabilizada.

Para min é fundamental coidar a linguaxe, o ritmo e o proceso de cada persoa.

Non creo en solucións rápidas nin en mensaxes simplistas. Creo en procesos reais, sostidos e acompañados.

Nos trastornos alimentarios, por exemplo, non me centro unicamente na conduta, senón no que esa conduta está intentando regular ou expresar

No traballo coa imaxe corporal, imos máis alá do espello: exploramos a identidade, a autoestima e a historia persoal.

E no trauma, priorizo a seguridade e a estabilidade antes de afondar.

Sobre min