Asistencia psicolóxica gratuita Limitada ao período que dure o Estado de alarma. A través do servizo Salud Savia (Mapfre), ofrécese un servizo de asesoramento psicolóxico, como asistencia de psicoloxía puntual gratuito, vía chat. Sen cita previa, baixo dispoñibilidade. En ningún caso equivale a unha terapia convencional, xa que se trata dunha atención puntual. *aplicación de Mapfre (Salud Savia), aberta de maneira gratuita á poboación en xeral durante este periodo. Para dudas no rexistro e/ou acceso, é necesario contactar coa plataforma directamente (Salud Savia, Mapfre). DIRIXIDO a traballadores de Primeira liña (persoal sanitario e non sanitario de hospitais), sometidos a niveis de estrés superiores aos habituais. Obxectivo: tratar de reducir ou evitar o desenvolvemento de problemas psicolóxicos, como o trastorno por estrés post traumático. Se desexas comezar unha terapia convencional vía online ata novo aviso, sexas ou non sanitario, existe un desconto sobre a tarifa durante o período de estado de alarma. Contacto para resolver dudas: psicologiacoruna@gmail.com